lunes, 21 de abril de 2008

ALEVOSÍA E NOCTURNIDADE







Na noite, conflúen moitas sensacións, e unha especie de liberdade asoma polas nosas gorxas, todo vese distinto e o mundo que creamos polo día está disponible ó noso antoxo. A noite acollénos entre o seu escuro manto, e os pequenos xogos de luces axúdannos como referencia para non perder o norte nese mar de posibilidades no que é facil asolagar. A noite é traicionera, é amiga, é amante, é sincera, é eganosa, é libre, é extraña, é nugallá, é enerxética. A noite ensina a mirar.

RIBEIRA SACRA







Terra de viño, mosteiros, igrexas románicas, alturas de vertixe, cañóns do Sil e do Miño, soutos centenarios... un lugar para perderse, e así, dese xeito, atoparse.

¿Qué lle acontece á xente nesta terra cando chega a primavera?